Subir prezos e reducir horarios, medidas dos hostaleiros ante a inflación
A suba da factura enerxética e das materias primas repercute nos prezos dos menús
Algúns establecementos reducen horarios para aforrar en gastos fixos e de persoal
Nun restaurante compostelán a factura da luz era duns 2.000 euros no verán. A de outubro roza os 5.000. Resistíronse a subir os prezos ata o momento, pero no próximo cambio de carta os clientes notarán novidades.
E como veñen menos clientes, mellor abrir só nas horas fortes e aforrar en gastos fixos e persoal.
O mesma estratexia replícase nalgúns postos da nave gastronómica da praza de abastos. Aquí deixaron de abrir polas noites, e só atenden nas horas fortes do mediodía. Subiron os prezos para tentar compensar a suba das materias primas, pero había que dar un paso máis.
Algúns hostaleiros optan xa por pechar xornadas enteiras e outros por favorecer a rotación de clientes para que os negocios sobrevivan á inflación.