Cargando resultados...
Sting fai vibrar Vigo no seu primeiro concerto na cidade
Un abarrotado parque de Castrelos entrégase ao músico británico
G24.gal
07/08/2022 11:22
Sting saudou en castelán o público, que encheu por completo Castrelos e amosouse entusiasmado de estar en Vigo. Aos acordes de Message in a bottle comezou un concerto que provocou o delirio.
Un tema de Police que enamora os seguidores de Sting para abrir boca. O propio alcalde da cidade, Abel Caballero, cifrou en máis de 80.000 os asistentes ao evento, que foi multitudinario.
Aos seus 70 anos o cantante británico mantén unha presenza atlética no escenario e ofrécelle ao público o que pide, os seus grandes éxitos á fronte de Police e algúns da súa xa dilatada carreira en solitario.