Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reembolsarán a entrada aos asistentes do concerto cancelado de Juan Luis Guerra en Sanxenxo

Reembolsarán a entrada aos asistentes do concerto cancelado de Juan Luis Guerra en Sanxenxo

A devolución efectuarase nun prazo de entre 20 e 30 días hábiles e non incluirá o importe do gasto de xestión

 

O cantante Juan Luis Guerra, durante unha actuación/Foto de arquivo/ Ricardo Rubio/ Europa Press O cantante Juan Luis Guerra, durante unha actuación/Foto de arquivo/ Ricardo Rubio/ Europa Press
G24.gal 23/07/2025 17:56

A organización do concerto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo devolverá o "importe íntegro" das entradas aos asisentes ao evento, que foi interrompido tras o seu comezo debido ao mal tempo e finalmente cancelado.

O reembolso realizarase de forma automática nun prazo de entre 20 e 30 días hábiles, a contar desde este mércores.

"Tras avaliar coidadosamente a situación e, a pesar de que puidemos gozar de 38 minutos do show, informámosvos de que se procederá á devolución do importe das entradas adquiridas", comunicou a organización a produtora SFX Events nun correo electrónico enviado aos asistentes.

O reembolso efectuarase a través do mesmo medio de pago utilizado na compra e corresponderá ao "importe íntegro" da entrada. Con todo, este non incluirá o gasto de xestión aplicado pola plataforma de venda.

Interrupción e cancelación

O concerto tiña previsto celebrarse o sábado pasado na praza do Mar do municipio pontevedrés, onde se prevía a asistencia de 15.000 persoas.

Ao redor de 40 minutos despois do seu inicio, a organización decidiu detelo e, tras un tempo de espera, cancelalo, xa que a choiva e o mal tempo non cesaban.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade