Stellantis Vigo para a produción durante a fin de semana, dous días despois de retomar a actividade
A empresa informa nun comunicado que paraliza a produción pola falta de aprovisionamentos
Stellantis Vigo tarda só dous días en anunciar o paro da súa produción de vehículos tras a a volta das vacacións de verán. A factoría viguesa do grupo automobilístico estará sen traballar durante toda esta fin de semana.
Os paros afectan a toda a produción da fin de semana nun novo episodio de parálise por "causas de forza maior", alega a dirección. A responsable sería a crise dos microchips.
A falta de aprovisionamentos obrigará a suspender a actividade de montaxe nos dous sistemas da factoría o sábado e o domingo. As dúas liñas reiniciarán a actividade o luns día 22 de agosto na quenda das 6:00 horas.
Sucede esta situación tan só dous días despois de que a fábrica viguesa volvera operar esta mesma semana, tras o festivo, despois de estar parada varias semanas polas vacacións de verán dos traballadores.