Stellantis Vigo inicia a negociación dun ERE voluntario que afectará un máximo de 90 persoas
A empresa informou de que ese proceso se iniciou "en resposta a unha petición social", e lévase a cabo "por criterios organizativos"
Arquivo TVG
Empresa e sindicatos de Stellantis Vigo iniciaron este martes o proceso de negociación dun Expediente de Regulación de Emprego (ERE) voluntario para un máximo de 90 traballadores, segundo trasladaron fontes da factoría.
A empresa informou de que ese proceso iniciouse "en resposta a unha petición social", e lévase a cabo "por criterios organizativos". "Este expediente estará baseado na dobre voluntariedade e estenderá a súa vixencia para o ano 2026", trasladaron as mesmas fontes.
Así, este martes quedou constituída a comisión negociadora, e acordouse un calendario de traballo, de xeito que a próxima reunión terá lugar este venres, 27 de marzo.