Publicador de contidos

Publicador de contidos

A rede ferroviaria galega mantén máis de 30 limitacións de velocidade

A rede ferroviaria galega mantén máis de 30 limitacións de velocidade

O BNG reclámalle ao presidente do Adif solucionar os problemas de seguridade que obrigan a manter esas limitacións

O presidente do Adif sobre Adamuz: "Non alteramos probas nin obstruímos a xustiza"

G24.gal 24/03/2026 14:41

En todas as provincias e en practicamente todas as liñas ferroviarias. Vigo é un exemplo. Só nos accesos entre Guixar e Urzaiz hai seis limitacións que obrigan a reducir a marcha dos trens. Pero tamén na liña do Miño, entre Redondela e Monforte, onde se rexistran 13 limitacións. E no Eixo Atlántico, entre Cerceda e Meirama, un defecto na soldaura mantén reducida a velocidade desde hai dous anos. Desde o BNG piden explicacións.

"A solución non é manter permanentemente as limitacións de velocidade. A solución é resolver os problemas de seguridade", reclama o deputado Néstor Rego.

Estes puntos forman parte dun informe da rede ferroviaria estatal do Adif.

"Tomamos nota e farémoslla chegar por escrito", responde Luis Pedro Marco de la Peña, presidente do Adif.

O presidente do Adif compareceu no Congreso para responder sobre o accidente de Adamuz. Defende a colaboración coa xustiza e nega que se ocultaran probas.

"Todo o que diga que ADIF ocultou probas é unha infamia".

E pide que se deixe actuar a xustiza para coñecer a causa dun accidente que provocou a morte de 46 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade