Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os condutores portugueses aforran entre 20 e 30 céntimos por litro botando o combustible nas gasolineiras galegas

Os condutores portugueses aforran entre 20 e 30 céntimos por litro botando o combustible nas gasolineiras galegas

A rebaixa do imposto dos carburantes do 21 ao 10 % aplicada polo Goberno de España intensifica a actividade nas gasolineiras fronteirizas

Tanto a gasolina como o gasóleo simples seguen en Portugal a prezos moi elevados, a 2 euros e ata os 2,19 

Os condutores portugueses poden aforrar entre 20 e 40 céntimos en litro da gasolina
G24.gal 24/03/2026 11:24

Coa baixada do IVE posta en marcha polo Goberno de España, o prezo dos combustibles dá un pequeno respiro e aínda se agranda máis a diferenza entre España e Portugal, onde a gasolina segue a pasar dos 2 euros e o gasóleo chega este luns 23 de marzo aos 2 euros 14 céntimos o litro. Por iso as gasolineiras fronteirizas se están a encher de condutores portugueses que cruzan a raia para encher o depósito en Galicia. 

Sen grandes ringleiras, pero sen pausa, son moitos condutores portugueses que cruzan a raia para repostar, gasolina ou gasóleo.

 "É máis barata, creo que (en Portugal) pasa dos dous euros", di un veciño portugués. 

A rebaixa do imposto dos carburantes do 21 ao 10 % aplicada polo Goberno de España intensifica a actividade nas gasolineiras fronteirizas, como unha de Arbo. En Galicia, a gasolina ronda o euro con sesenta e cinco e o gasóleo sitúase arredor do euros con oitenta e cinco

"Agora os portugueses notan máis a diferenza de prezos. Alí cambian os prezos todos os luns e segundo me din eles, anda nunha diferencia nuns 20 ou 30 céntimos por litro, alá xa supera os dous euros", asegura Juan Quintáns, que atende na Gasolineira Avia, en Arbo.

Do outro lado da fronteira, en Melgaço, vemos os prezos de Portugal e moita menos actividade nas estacións de servizo. As medidas alivian, pero a incerteza continúa por mor da tensión nos mercado do petóleo pola guerra en Oriente Medio.

"A reducción do IVE, válelles  moito e nótase que cada vez se acercan máis", di o gasolineiro de Arbo. 

Seguiremos mirando os prezos dos combustibles. Pero ata 20 céntimos menos en litro pode supor un aforro de entre 17 a 20 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade