Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta prepara axudas ás empresas con problemas de liquidez pola guerra de Irán

A Xunta prepara axudas ás empresas con problemas de liquidez pola guerra de Irán

Rueda indicou que esas medidas se van aprobar "canto antes" e explicou que as están analizando cos clúster e asociacións empresariais

Eses apoios, como préstamos do Igape, teñen como obxectivo facilitarlles liquidez para que a viabilidade das compañías non se vexa comprometida

Alfonso Rueda(c) e Juan García (6e), CEO do Grupo Economía Dixital, posan cos participantes na presentación da sexta edición do Atlas Galego da Empresa Comprometida, este martes en Santiago de Compostela. EFE/Lavandeira jr.
G24.gal 24/03/2026 15:37

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este martes que o Goberno galego prepara un paquete de axudas para as empresas en problemas co capital circulante ou cos investimentos pola guerra de Irán. Eses apoios, como préstamos do Igape, teñen como obxectivo facilitarlles liquidez para que a viabilidade das compañías non se vexa comprometida.

Durante a presentación do Atlas da Empresa Comprometida celebrada en Santiago, Rueda indicou que esas medidas se van aprobar "canto antes" e explicou que as están analizando cos clúster e asociacións empresariais. Galicia é a quinta comunidade exportadora de España, superando ao País Vasco no 2025, e moitas compañías estanse vendo afectadas polos paróns na loxística.

O presidente da Xunta remarcou que esas axudas se sumarán ao "esforzo compartido" que xa está facendo a nosa comunidade, ao deixar de ingresar 40 millóns de euros ao mes en recadación polas rebaixas de impostos aprobadas polo executivo de Pedro Sánchez o pasado venres.

"Galicia achega case as dúas terceiras partes do impacto económico das medidas que tomou o Goberno central, que era que as tiña que tomar pero poñéndonos a todos antes de acordo", defendeu Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade