Cargando resultados...
Sorprenden un mozo en Cantabria conducindo cun sofá no patinete
G24.gal
01/11/2021 17:09
Estamos xa afeitos a ver patinetes circulando nas máis rocambolescas situacións, pero o que se viu en Laredo, Cantabria, rompeu todas as marcas. En patinete, circulando por unha vía do centro da vila, sentado nun sofá de tres prazas.
Está por aclarar se se trata dun accesorio improvisado para o patinete ou se leva o sofá a algún sito. O que está claro pola súa expresión é que non é a primeira vez que circula así. Pode que sexa, iso si, a derradeira.