Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sobe o prezo da uva godello en Valdeorras pola seca e a alta demanda

Sobe o prezo da uva godello en Valdeorras pola seca e a alta demanda

Ás portas da vendima, o quilo desta variedade rolda os dous euros

Hai zonas nas que a seca reduciu a colleita entre un 25 e un 30 %

O godello representa o 65 % da produción da D. O. Valdeorras

G24.gal 19/08/2022 15:15

Trátase dunha variedade máis sensible as altas temperaturas e a seca por iso en Valdeorras agardan unha produción menor. Nas zonas de ladeira, máis afectadas pola falta de auga, estiman a redución pode estar entre o 25 e o 30 % aínda que haberá que agardar a vendima para concentrar a porcentaxe.

Menos cantidade, unido a unha crecente demanda por parte tanto dos mercados nacionais como internacionais, fan que o prezo do quilo de Godello ronde os dous euros, o que supón uns 50 céntimos máis que o ano pasado.

O tempo seco e solleiro fará ademais que se adiante a vendima na D. O. Valdeorras, onde a vindeira semana xa comezarán a recollida as primeiras adegas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade