Publicador de contidos
Publicador de contidos

Só unha vitoria galega na xornada da liga femenina

Só unha vitoria galega na xornada da liga femenina

O Baxi Ferrol acada a vitoria contra o Barcelona, mentres que o Ensino e o Celta caen derrotados

G24.gal 07/04/2024 11:20

O Baxi Ferrol superou na Malata o Barça nun partido moi igualado que se decidiu no derradeiro cuarto cando as de Lino López acadaron un parcial de 24-15. Gala Mestres, con 20 puntos foi a máxima anotadora do partido. O Baxi segue na loita polo play off.

O Ensino caeu na cancha do Avenida. O partido quedou resolto no primeiro tempo, cun 46-26 a prol das salmantinas. Esther Castedo con 15 puntos e Lydia Giomi con 14 foron as máis destacadas no conxunto galego. O Ensino queda con 14 vitorias e outras tantas derrotas, empatadas co Baxi na loita polo play off.

O Celta Zorka Recalvi perdeu en Navia ante o Jaris. As galegas pagaron o seu mal derradeiro cuarto, xa que entraron nos derradeiros dez minutos 8 puntos arriba pero encaixaron un parcial de 2-18 e acabaron cedendo 51-59. Tras a derrota o Celta durmiu fóra do descenso á espera do que faga o Gran Canaria na cancha do Zaragoza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos