Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sindicatos e empresarios ven os datos de paro de xullo como un sinal de alerta

Sindicatos e empresarios ven os datos de paro de xullo como un sinal de alerta

Anticipan un outono e inverno complicados 

O Goberno advirte tamén de que "veñen curvas"

G24.gal 03/08/2022 08:48

A primeira suba do paro en xullo dende o inicio da crise financeira, e ademais con destrución de emprego, aumenta os temores a unha nova recesión. 

Dende o Goberno fan varias lecturas. O presidente pide que se amplíe a visión sobre os datos do paro porque a reforma laboral rematou coas contratacións masivas e temporais do verán en favor da estabilidade, cos contratos indefinidos aumentando dende hai meses.

Outras voces no Executivo recoñecen directamente que a situación económica comeza a notarse no mercado laboral. Din que a inflación e as consecuencias da guerra marcan un escenario incerto e complicado.

Os sindicatos falan de datos preocupantes. Cren que as familias non teñen cartos, gastan menos e iso leva a que se contrate menos. Reclaman subas salariais para afrontar a inflación e darlle a volta á situación.

E os empresarios propoñen as receitas contrarias. Moderar os custos laborais nun momento de incerteza, incluído o salario mínimo. E reducir a presión fiscal.

E alertan de que moitas pequenas e medianas empresas teñan xa activados plans de continxencia para afrontar o forte incremento da enerxía e das materias primas que están reducindo moito os beneficios e limitando a capacidade de produción, cos consecuentes efectos no emprego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade