Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sinaturas no Congreso por unha lei contra o acoso escolar

Sinaturas no Congreso por unha lei contra o acoso escolar

Un de cada catro nenos sofre acoso escolar en España

Familias das vítimas reclaman penas contra os centros educativos

G24.gal 03/11/2022 20:37 Última actualización 03/11/2022 22:25

O acoso escolar é, segundo os  psicólogos, o principal motivo de suicidio entre os menores, e nove de cada dez casos deste maltrato infantil quedan impunes. Entre eles, o de Kira, unha adolescente que con 15 anos non puido soportar  mais o acoso que levaba sufrindo desde infantil.

Seus pais presentaron este xoves no Congreso 230 mil sinaturas a favor dunha lei que protexa o menor e se adapte aos tempos. José Manuel López di que España ten unha lexislación obsoleta nesta materia e que precisa actualizarse porque as redes sociais cambiaron a vida dos nenos.

Aejandro Castilla só tiña dez anos. Levaba tres sufrindo acoso e maltrato por parte dunha mestra e varios alumnos. Súa nai Idoia conta que un día lle pediu que non o mandara ao colexio pero ela negouse e o rapaz tirouse pola ventá.

O centro escolar non fixo nada. Pais e nais como Idoia piden que a inacción dos colexios teña consecuencias penais.

"A comunidade educativa tense que concienciar, e se unha mestra maltrata un cativo ten que ser retirada de inmediato da docencia", reclama Idoia Gil.

Os expertos coidan que é imprescindible detectar a tempo estas situacións. Xabier Lago, que foi vítima de acoso cando era neno, asegura que unha das claves é contalo.

"Un neno", di Xabier, "ten que ter un adulto en que confiar para contarlle o que lle pasa, ainda que só sexa unha percepción".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade