Cargando resultados...
Simeone fará moitos trocos no equipo para xogar no Anxo Carro
Galán, Soyunku, Memphis, Saúl ou Correa terán a súa oportunidade no partido de Copa que vai xogar contra o Lugo
G24.gal
05/01/2024 19:46
No Atlético de Madrid, tras perder en Xirona, Simeone anuncia rotacións. Viaxan todos a Lugo, pero xogarán os menos habituais como Javi Galán, Soyunku, Correa ou Memphis.
O Atlético ten as baixas de Lemar, Barrios, Reinildo e Savic. Simeone, tras o tropezo en liga, non quere outro tropezo na Copa e confía nas prestacións do seu equipo e na profundidade do seu cadro de efectivos.