Publicador de contidos
Publicador de contidos

Silleda presume de Joselu Mato, o seu veciño máis internacional

Silleda presume de Joselu Mato, o seu veciño máis internacional

O xogador do Real Madrid marcou os dous goles que meteron o seu equipo na final da Champions

G24.gal 09/05/2024 21:29

Á falta de dez minutos, o futbolista galego entrou ao campo. Perdía o Real Madrid contra o Bayern e Joselu marcou dous goles nunha remontada épica que leva o equipo branco á final da Liga de Campións. E, en Silleda, todos están orgullosos do seu veciño.

Moitos seguiron o partido, con emoción, dende o bar ou dende a casa... pero os máis afortunados tiveron o seu premio no campo. Un xogador de trinta e catro anos con experiencia, pero que mantén a ilusión dun neno.

Todos teñen o día despois da fazaña de Joselu Mato un sorriso, uns parabéns e un aplauso para o seu veciño, que, están seguros, lles dará máis alegrías, no persoal e no deportivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade