Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo pídelle ao Goberno que despregue a Armada en Ceuta e convoque a embaixadora de Marrocos

Feijóo pídelle ao Goberno que despregue a Armada en Ceuta e convoque a embaixadora de Marrocos

O presidente do PP pide unha resposta firme ante as reiteradas invasións marroquís en augas españolas, a última tras a visita dos reis a Ceuta

Segundo publica ABC, unha patrulleira marroquí estivo varada durante horas en augas españolas tras a visita real á cidade autónoma

Fronteira de El Tarajal/Arquivo/Marcos Moreno/Europa Press Fronteira de El Tarajal/Arquivo/Marcos Moreno/Europa Press
G24.gal 16/10/2026 08:16

O presidente do Partido Popular Alberto Núñez Feijóo reclama a Pedro Sánchez que despregue a Armada en Ceuta, convoque a embaixadora de Marrocos e chame ao embaixador español en Rabat.

Así o solicitou o máximo dirixente popular esta mañá nunha entrada na súa conta de X, tras saberse que Marrocos enviou o seu mellor buque de guerra a augas de Ceuta durante a entrada masiva de migrantes dos días 30 e 31 de xullo e que unha patrulleira marroquí invadiu augas de Ceuta tras a visita dos reis Filipe VI e Letizia e permaneceu alí durante sete horas ata que se enviou unha patrulleira da Garda Civil, segundo publica ABC.

Feijóo advirte que varias invasións marroquís en augas españolas non son un feito puntual, senón unha agresión reiterada e esixe unha resposta firme.

Ademais, considera necesario convocar a embaixadora de Marrocos, chamar a consultas ao embaixador español en Rabat e pedir explicacións ás autoridades marroquís ao máximo nivel.

Xunto con iso, esixe ao Gobierno que informe inmediatamente aos españois de qué está a pasar e conclúe o seu comentario engadindo: "España non se vende. España deféndese".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade