Publicador de contidos

Publicador de contidos

España e Italia buscarán alternativas para eliminar os controis fronteirizos nunha semana

España e Italia buscarán alternativas para eliminar os controis fronteirizos nunha semana

O Goberno italiano prorroga sete días máis os controis en portos e aeroportos aos viaxantes procedentes de España

Sánche e Meloni mantiveron este xoves en Bruxelas unha reunión para intentar solucionar a crise fronteiriza entre ambos os dous países

Reuters Reuters
G24.gal 16/10/2026 10:29 Última actualización 16/10/2026 11:47

España e Italia estudarán nos próximos días a eliminación dos controis fronteirizos entre ambos os países tras a decisión deste venres do Goberno italiano de prorrogar sete días máis os controis en portos e aeroportos aos viaxantes procedentes de España.

Fontes do Executivo italiano anunciaron esta prórroga e avanzaron que a próxima semana os ministros de Interior de ambos os países "avaliarán conxuntamente medidas de cooperación alternativas".

Pola súa banda, fontes do Goberno de España confirmaron que os ministros de Interior traballarán ao longo dos próximos días para proceder á eliminación de ambos os controis fronteirizos.

​​O presidente do Gobierno español, Pedro Sánchez, e a primeira ministra italiana, Giorgia Meloni, mantiveron este xoves en Bruxelas unha reunión para intentar solucionar a crise fronteiriza entre ambos os países. Desa reunión xurdiu a decisión de que os ministros de Interior dos dous países manteñan conversas nos próximos días Fontes do Gobierno español informaron este venres dese encontro entre Sánchez e Meloni na capital belga nas marxes do Consello Europeo. 

A introdución de controis comezou por parte de Italia a comezos do pasado mes de agosto despois da crise migratoria de Ceuta, argumentando unha cuestión de "seguridade nacional".

En resposta á decisión italiana, España tamén introduciu controis fronteirizos aos viaxantes procedentes de Italia. A suspensión da adhesión de Italia ao espazo Schengen expirou a noite deste xoves despois de que o ministro do Interior, Matteo Piantedosi, confirmase o 30 de setembro de novo os controis fronteirizos e falase de "cuestións críticas" que aínda persisten debido á "situación no enclave español de Ceuta".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade