Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta mereceu o empate nun partido con protagonismo arbitral

O Celta mereceu o empate nun partido con protagonismo arbitral

González Fuertes sinalou tres penaltis a prol do Real Madrid, Benzema trasnformou dous deles

Tamén decisiva a revisión do VAR para anular o gol de Galhardo na primeira metade

G24.gal 02/04/2022 18:14

Minuto a minuto

18:10

Con incidentes na previa, o Celta convértese en xuíz do campionato de liga neste treito decisivo e busca tres puntos ante todo un Real Madrid para chegar a esa cifra que teoricamente certifica a permanencia matemática (40 puntos)

 

Esta é o once de partida elixido por Coudet:

 

1'

Comeza o fútbol en Balaídos, move o balón o Celta!

3'

A primeira do Celta!!

 

Recibiu Aspas un gran pase de Denis, encarou e rematou coa dereita. O seu disparo petou nun defensor do Madrid e rematou nun córner que acaba nas mans de Courtois

7'

González Fuertes sinala falta de Aspas en ataque nunha acción con Militao cando o de Moaña quedaba só diante do gardameta madridista

9'

Clarísima a prol do Madrid!

 

Xogada de moitísimo ritmo, centro de Lucas Vázquez o segundo e Benzema que estivo a piques de facer o primeiro da tarde en Balaídos. Comezou entretido o encontro

13'

Parou Courtois!!

 

Que ben o Celta, que gran combinación e tivo que sacar a man o cancerbeiro belga ao disparo forte de Denis dende fóra da área. Agora remata alto Murillo

16'

Tapou Dituro!

 

Cedeu Casemiro para Vinicius e o gardamallas do cadro celeste tivo que rexeitar a córner

18'

Gol de Benzema

 

González Fuertes sinalou penalti de Nolito cando Militao tentaba rematar a porta. O dianteiro francés engana a Dituro para adiantar o Real Madrid superado o primeiro cuarto de hora de fútbol

21'

Falta de Kroos a Denis, suculenta para Aspas

22'

QUE PARADÓN DE COURTOIS!

 

Maxistral a execución da falta de Aspas e o gardamallas belgas que voou para sacar unha man espectacular e evitar o empate

23'

E outra falta perigosa a prol do Celta para Aspas!

 

Topou coa barreira desta quenda

38'

Gol anulado a Thiago Galhardo

 

É un centro de Nolito nunha falta lateral, o dianteiro brasileiro remata e o balón acaba entrando. González Fuertes considera que Aspas impide que Alaba despexe e logo da revisión do VAR anula o tanto

44'

Tentou Aspas un gol olímpico inverosímil! Dominando o Celta ao bordo do descanso

DESCANSO

Tempo de lecer en Balaídos, boa primeira parte dun Celta ao que só lle faltou o gol. 

 

Benzema adiantou o Real Madrid cando Gónzalez Fuertes sinalou penalti de Nolito a Militao.

 

Aspas tívoa de falta para os celestes e o propio colexiado logo da revisión do VAR o tanto de Galhardo foi anulado

46'

Comezou a segunda metade!

47'

Parou Dituro o lanzamento forte de Modric!

 

Deixaron completamente só na frontal o croata que non dubidou en zouparlle, maxistral a man do gardamallas do Celta

51'

Arriba Asensio, empezou mellor o Madrid esta segunda metade

52'

GOOOL de Nolito!

 

Gran xogada do Celta combinando moitos pases consecutivos, Aspas atopando o oco, Galán encontrou o gaditano que de primeiras coa zurda empata o partido! 

 

Atopou porta Nolito cinco meses despois

54'

Tívoa Galhardo!

 

Aperta o Celta co apoio do seu público e coa confianza do tanto do empate

59'

Primeiro troco no Celta, sae Galhardo e entra Cervi

61'

Clarísima para o Celta!!!

 

Que centro de Aspas con rosquiña, incomprensiblemente Aidoo non foi quen de rematar cando tiña todo a favor para anotar o 2-1

64'

DITUROOOOOO para salvar o Celta!

 

Penalti de Murillo sobre Rodrygo a prol do Madrid sinalado por González Fuertes. Dituro adiviña as intencións, gáñalle a partida a Benzema e detén a pena máxima para manter o empate no partido

68'

Penalti a prol do Madrid, moi discutible a acción de Kevin sobre Mendy que sinala como pena máxima González Fuertes

70'

Na terceira partida de estratexia entre Benzema e Dituro neste partido, o francés engana e pon por diante de novo o Real Madrid en Balaídos

75'

Asubíos e cánticos en Balaídos en contra da arbitraxe

79'

Aperta o Celta na procura do empate, tentouno Kevin agora. O seu disparo bateu nun defensor e acabou en córner

83'

Non chegou Mina a rematar o centro de Aspas!

88'

Maxistral a defensa do Celta para impedir o remate de Ceballos

FINAL

Demasiado protagonismo de González Fuertes sinalando ata tres penaltis a prol do Real Madrid nun partido no que o Celta mereceu como mínimo o empate.

 

Con personalidade, os de Coudet buscaron o tanto do empate ata na derradeira xogada con Dituro subindo a rematar o córner, pero non puido ser

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade