Publicador de contidos

Publicador de contidos

Agredidos varios afeccionados do Celta nas inmediacións de Balaídos

Agredidos varios afeccionados do Celta nas inmediacións de Balaídos

Un deles tivo que recibir 8 puntos de sutura no Punto de Atención Continuada do Sergas

As testemuñas falan de "100 encapuchados armados con paus e puños americanos"

@UltrasAcountOF @UltrasAcountOF
G24.gal 02/04/2022 16:53

Segundo EFE varios afeccionados do Celta foron agredidos este mediodía por un grupo de seguidores do Real Madrid, identificados como membros do grupo Ultras Sur nas inmediacións de Balaídos onde esta tarde xogan ambos equipos.

Dous deles tiveron que acudir o PAC (Punto de Atención Continuada) do Sergas da rúa Florida onde un deles recibiu “oito puntos de sutura logo dun golpe cun pau".

Testemuñas dos incidentes falan de que preto de "100 encapuchados, armados con paus e puños americanos" presentáronse nun local da rúa Eugenio Kraft e comezaron a agredir aos presentes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade