Cargando resultados...
Sicilia (PSOE) asegura que Feijóo "non cre nas políticas LGTBI" e menos con Vox
G24.gal
28/05/2022 13:55
Este sábado está en Galicia Felipe Sicilia. O portavoz da Executiva do PSOE dixo que a Xunta dedica menos do 0,1 por cento dos orzamentos a loitar contra a discriminación do colectivo LGTBI.
Sinalou que o líder do PP, Alberto Núñez feijóo, "non cre nas políticas LGTBI" e menos agora que "non é libre" e "está hipotecado pola extrema dereita".
Sicilia participou nunha xornada sobre a lei de igualdade de trato e non discriminación, na que chamou a ser máis activos ca nunca na loita pola igualdade.