Shakira e Piqué confirman que se separan tras doce anos de relación
Shakira e Piqué confirman que se separan tras doce anos de relación
A cantante colombiana e o futbolista do Barcelona emiten un comunicado en que piden "respecto á súa pivacidade"
Non estaba casados e son pais de dous nenos

A cantante colombiana Shakira e Gerard Piqué anuncian a súa separación tras días de rumores sobre a súa crise como parella e despois de case 12 anos de relación e dous fillos en común.
"Lamentamos confirmar que nos separamos. Polo benestar dos nosos fillos, que son a nosa máxima prioridade, pedimos respecto á privacidade. Grazas pola comprensión", sinalan nun escrito conxunto que recolle a axencia Efe. Só 26 palabras para despedir unha década xuntos.
Algúns xornais que xa adiantaron que a parella atravesaba unha crise sentimental avanzan agora que levan tres meses separados. Os rumores máis intensos sobre os problemas na parella de 45 anos ela, e 35 el, desatáronse esta semana pasada.
Shakira mesmo saíu ao paso para desmentir os rumores sobre un ataque de ansiedade polo que mesmo tivo que recibir atención médica nunha clínica en Barcelona e asegura que as fotos que se tomaron son do día 28 por un ingreso do seu pai, que tivo unha caída importante da que se recupera no hospital.