Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sete comunidades detectaron casos sospeitosos de varíola do mono

Sete comunidades detectaron casos sospeitosos de varíola do mono

En Galicia as autoridades sanitarias agardan que o Instituto de Saude Carlos III de Madrid analice a mostra remitida este venres

A persoa en estudo en Galicia non está hospitalizada ao igual que os 30 casos de varíola non humana detectados en España, que permanecen na casa

Dende a Sociedade Española de Viroloxía din que a situación non é comparable coa do coronavirus e que o illamento dos pacientes cortará a transmisión da doenza

G24.gal 21/05/2022 15:04 Última actualización 21/05/2022 15:17

A Sociedade Española de Viroloxía reúne a súa directiva no concello ourensán de Esgos, tras dous anos sen xuntanzas presenciais por mor da pandemia. Hoxe, outro virus, o da varíola do mono, mantén en alerta as autoridades sanitarias. Galicia, Euskadi, Castela-A Mancha e Estremadura detectaron nas últimas horas casos sospeitosos.  Xa son sete as autonomías que investigan posibles infeccións. O virólogo Juan García explica que a situación non é comparable cos contaxios de coronavirus.

"Tranquilidade. Este virus transmítese por contacto, o coronavirus transmítese por medio de vías respiratoria, por aerosois, como a gripe, por tanto non existe esa difusión masiva porque é necesario tocarse, ter un contacto íntimo para poder contaxiarse . Non é un virus de transmisión sexual, é un virus que se pode transmitir se temos un contacto sexual. É algo que hai que ter claro".

Sanidade recomenda o illamento baixo vixilancia médica dos casos confirmados e dos sospeitosos ata que desaparezan as lesións na pel, e aconsella o uso de máscara cirúrxica. Os expertos consideran que as medidas permitirán cortar a transmisión e descartan unha epidemia.
 

"Eu creo que a OMS debera intentar lexislar de forma que houbese controis exhaustivos, de todo ese tráfico de animais e desa forma de producir masiva. Loxicamente os países máis afectados son os menos receptivos a aceptar normas. É moi difícil que convenzas unha poboación en subdesenvolvemento que non coma o mono, porque é a súa comida".


Descoñécese de momento cal foi o paciente cero en España con dous grandes focos localizados: un nun establecemento de Madrid que foi clausurado e un segundo unha festa multitudinaria en Gran Canaria á que asistiron preto de 80.000 persoas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos