Sergi Quintela: "Non deixa de ser pretempada, pero aos dous equipos fainos moita ilusión gañar este torneo"
Sergi Quintela: "Non deixa de ser pretempada, pero aos dous equipos fainos moita ilusión gañar este torneo"
Un dos capitáns do Breogán analiza o triunfo na Copa Galicia

Catorce títulos autonómicos leva o Breogán que, nun intenso e axustado partido desputado no Paco Paz de Ourense, derrotou ao Obradoiro para sumar a segunda Copa Galicia consecutiva.
Un dos capitáns, Sergi Quintela, atendeu ao Galicia en Goles para contar como viviu o encontro e o que significa este triunfo a pouco de comezar a temporada.
"Aos dous equipos fainos moita ilusión gañar este título e creo que foi un bonito partido. Non deixa de ser pretempada, pero os dous queriamos vencer. O partido foi de moito desgaste. O equipo respondeu de maneira incrible, nos momentos importantes varios xogadores amosaron carácter, é o ADN do noso equipo"