Seoane: "Para nós, un final de tempada tranquilo é como gañar a Champions"
Contra o Eibar, Seoane pode sumar 425 partidos en Segunda, igualando o xa retirado Quique Martín
O capitán do Lugo, Fernando Seoane, fai 39 anos este venres. Será un dos aniversarios máis relaxados das últimas temporadas:
Seoane: "Para nós, un final de tempada tranquilo é como gañar a Champions"
O Lugo chega aos últimos 30 puntos do campionato co alivio dunha posición cómoda e unha derrota en 17 partidos, símbolo do carácter gregario deste equipo.
Os de Albés xogan a vindeira xornada contra o líder: o Eibar, equipo co que os lugueses comparten a condición de seren os dous que menos derrotas acumulan no torneo.
Trinta e nove anos cumpre Seoane este venres, e contra o Eibar pode sumar 425 partidos en Segunda, igualando ao xa retirado Quique Martín como os futbolistas con máis encontros na categoría.
Dende xa preparando o #EibarLugo do próximo sábado 🔛⚽️#ForzaLugo pic.twitter.com/VcJwtww3dm
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) March 22, 2022