Publicador de contidos

Publicador de contidos

O acusado do accidente mortal de Salceda: "Non lembro nada"

O acusado do accidente mortal de Salceda: "Non lembro nada"

Senta no banco o condutor que causou o accidente en que faleceron unha nai e os dous fillos

A familia das vítimas considera irrisoria a pena de 5 anos de prisión que pide a Fiscalía no escrito de acusación

Os informes periciais certifican que o acusado quintuplicaba a taxa de alcol permitida en sangue e que circulaba a 128 kms/h nun treito limitado a 90

G24.gal 17/01/2023 14:55

Este martes sentou no banco dos acusados o porriñés que presuntamente provocou o accidente en que morreron unha nai e dous fillos en Salceda, hai case dous anos. A Fiscalía pide para el cinco anos de cadea, que a acusación particular eleva a nove.

O 19 de marzo de 2021 María Luisa, de 39 anos, e os seus fillos, Daniela, de 13, e Bertrán, de 6, morrerón nunha colisión frontal en Salceda de Caselas. Segundo o informe pericial, non puido esquivar o outro coche.

Conducíao Alfredo Lemos, un veciño do Porriño, que deu positivo en alcol. 2,49 gramos en sangue, 5 veces a taxa permitida e circulaba a 128 quilómetros por hora nun treito limitado a 90. Dixo non lembrar nada do accidente nin das horas previas desde a segunda copa.

Varias testemuñas situárono en varios bares esa tarde con evidentes signos de embriaguez.
No seu escrito de acusación a fiscalía pide 5 anos de prisión, unha pena que a acusación particular eleva a 9. A familia pide unha condena exemplar que lles axude a mitigar un dano irreparable.
Este martes concluíron as probas testificas e periciais e mañá será a quenda para as conclusións definitivas das partes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar