Cargando resultados...
Senadores galegos do PP piden "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto
Senadores galegos do PP piden "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto
Esixen unha programación completa de actuacións e investimentos na alta velocidade entre Galicia e Portugal en que se dea prioridade á saída sur
G24.gal
10/08/2024 14:33
O grupo de senadores galegos do Partido Popular piden un "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto.
Para iso presentaron unha moción na Cámara Alta en que demandan que a conexión por alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal sexa, segundo din, "unha realidade canto antes".
Os populares esixen na súa iniciativa unha programación completa de actuacións e investimentos no AVE Vigo-O Porto en que se dea prioridade á saída sur, así como a modernización e mellora do servizo que presta actualmente o denominado Tren Celta.