Cargando resultados...
Sen sinal de televisión e teléfono nas parroquias ferrolás de Covas e Esmelle
Contan que é imposible ver a televisión máis dun minuto seguido
Cren que a orixe do problema está nun monte de eucaliptos próximo ás antenas
G24.gal
14/11/2025 14:01
Premen o botón do mando a distancia para ver a televisión e o que lles sae na pantalla é que non hai sinal.
É o día a día duns tres mil veciños das parroquias ferrolás de Covas e Esmelle que aseguran ter problemas tamén cos seus teléfonos.
Mesmo houbo quen tivo que instalar fibra para asegurarse de ter conexión e poder traballar desde a casa.
Falaron xa con varios técnicos e agora, por fin, cren saber a orixe e a posible solución a este problema.
Mentres, din, seguirán escoitando a radio e lendo libros.