Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen comercio non temos vida nas rúas, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Sen comercio non temos vida nas rúas, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 03/06/2025 08:00

Dado o éxito, hai un ano, do Bono Comercio, a Xunta volve repetir a experiencia. É lóxico que o que funciona ten que continuar. Hai un ano descargáronse 300.000 bonos e ao quinto día non quedaban. Penso que nesta edición durará menos. Pero aquí o importante non é o que dure nin o diñeiro que mobilice, que está preto dos dez millóns. O relevante é que falemos do noso comercio.

O comercio tradicional ten dous problemas: os novos hábitos do consumidor, moi vencellado ao e-commerce, e a falta de remuda xeracional. Quizais unha cousa é froito da anterior, así que, o que temos é que traballar sobre os nosos hábitos. Temos que concienciarnos de que se non temos comercio, se non temos hostalería non temos vida social e se non socializamos perdemos a nosa esencia como pobo. O Bono Comercio temos que velo como unha chamada de atención, unha mensaxe que debe ser escoitada para que todos recordemos que se desexamos saír á rúa e ver vida temos que ver comercio, e para que o comercio siga aberto ten que ter clientes, ten que ternos a nós.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade