Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sen auga potable en Castrelo de Miño pola contaminación de arsénico

Sen auga potable en Castrelo de Miño pola contaminación de arsénico

Os niveis elevados deste elemento químico afectan a 11 aldeas do municipio

O Concello está a repartir garrafas de auga para abastecer a veciñanza

Buscan unha solución para ter un abastecemento de auga potable con garantías sanitarias

O Concello de Castrelo de Miño está abastecendo a veciñanza con auga embotellada
G24.gal 06/12/2021 13:53

Practicamente un terzo da poboación do concello ourensán de Castrelo de Miño, non pode empregar a auga a traída para o consumo humano debido á elevada presenza de arsénico.

Por agora están empregando as garrafas que lles está a dar o Concello, seis á semana. Este é un problema que vén de vello, xa nos mes de xullo tiveron este mesmo problema debido a un fallo no filtro instalado na captación de auga. 

O pasado 23 de novembro o Concello emitía un bando onde desaconsellaba o uso da auga da traída para o consumo humano. E comezou a repartir auga entre a veciñanza das 11 aldeas afectadas. 

"Estanse repartindo garrafas de auga e desde Protección Civil a xente que non teña medios para poder vir buscala levámoslla á casa", explica Javier Villar, coordinador da Agrupación de Protección Civil de Castrelo de Miño. 

O fallo do filtro instalado na captación de auga en Coto Novelle non é un problema novo. E esta é a segunda vez en catro meses que a auga non é apta para o consumo humano. Os veciños piden unha solución definitiva.

"É un tema que persiste desde hai varios meses e non lle dan encontrado unha solución". "Agora teñen que buscar unha solución porque aquípuxeron un filtro que costou unha fortuna e o filtro cado dous días está averiado", din dous veciños de Castrelo de Miño. 

Dede o Concello están traballando xa para buscar unha solución canto antes e rematar definitivamente con este problema. 

A solución definitiva pasaría por instalar unha nova planta potabilizadora na aldea de Santo Estevo.

Segundo asegura o alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, xa está prevista a obra que incluirá unha nova capatación de auga no río Miño para evitar o arsénico presente nos mananciais que abastecen boa parte do municipio.

Levan desde o pasado 23 de novembro sen poderen consumir a auga da traída.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade