Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que Galicia podería perder miles de millóns de euros se sae adiante a cota catalá

Rueda di que Galicia podería perder miles de millóns de euros se sae adiante a cota catalá

A comunidade deixaría de recibir 634 millóns de euros ao ano, segundo o Foro Económico, e a perda sería de máis de 2.100 millóns se ese modelo se aplicase en todo o país

Montero denuncia as mentiras sobre o financiamento: "Xamais se van permitir privilexios"

Alfonso Rueda advirte que isto rompe coa solidariedade entre territorios e anuncia unha fronte común con outras comunidades
 

G24.gal 17/07/2025 15:29

O Foro Económico estima que Galicia perdería 634 millóns de euros ano coa cota catalá. Se o resto de comunidades pedisen o mesmo, a perda sería de máis de 2.000 millóns. 

Alfonso Rueda aposta por reformar o modelo de financiamento respectando o principio de solidariedade entre territorios: 

"En Galicia funciona o sistema actual de solidariedade entre territorios para garantir a prestación básica de servizos, a sanidade entre eles e despois pode haber axustes, por iso pedimos un novo modelo de financiamento". 

O presidente Rueda reúnese este venres coa presidenta de Estremadura e asegura que fará forza con outros dirixentes autonómicos do PP e do PSOE que tamén rexeitan a cota catalá:

"Faremos forza entre as comunidades que temos claro que este sistema de cotas só serve para que os socios de Sánchez o manteñan con respiración asistida non se sabe por canto tempo, para Galicia e Estremadura sería demoledor", conclúe o presidente da Xunta. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade