Publicador de contidos

Publicador de contidos

Corgos: "Hai 20.000 millóns de euros almacenados dos PERTE sen executar"

Corgos: "Hai 20.000 millóns de euros almacenados dos PERTE sen executar"

O conselleiro de Facenda critica os acordos entre o Goberno e Cataluña en materia de financiamento: "Non estamos dispostos a pasar polo aro"

Miguel Corgos salienta que tres de cada catro euros dos orzamentos da Xunta do ano que vén sexan para gasto social

G24.gal 24/10/2025 09:49

O conselleiro de Facenda critica que tres meses antes de que rematen os fondos europeos dos PERTE haxa aínda cartos sen gastar. Nunha entrevista no 'Bos días' indicou que as partidas que mobiliza o ministerio están sen executar e ponlles cifras: 20.000 millóns de euros.

"Nós só podemos executar o que nos mandou o Goberno. Pero hai 20.000 millóns de euros almacenados sen executar deses recursos. O que se mobiliza desde o ministerio a través dos PERTE está sen executar", afirma.

"Coas cousas de comer non se xoga"

Corgos foi moi crítico cos acordos pactados entre o Goberno e Cataluña en materia de financiamento. "Non se pode redactar un acordo de costas as comunidades autónomas e que logo teñamos que referendalo. "Non estamos dispostos a pasar polo aro, o sistema de financiamento é un asunto de todos, coas cousas de comer non se xoga".

Ademais, o conselleiro critica que o Goberno non presentara aínda o proxecto de presupostos para o ano que vén e recalca que "non se pode responder ás necesidades do país en 2026 cuns orzamentos elaborados no 2022".

"Son uns orzamentos importantes, que inclúen medidas para mellorar a vida dos galegos"

O titular de Facenda debullou no 'Bos días' os presupostos da Xunta para o ano que vén que ascenden a 14.264 millóns de euros. Deles, 10.600 estarán dedicados a gasto social. "Son uns orzamentos importantes, pero o importante son as medidas que inclúen para mellorar a vida dos galegos", afirma Miguel Corgos.

O conselleiro salienta que a partir do 1 de xaneiro as familias poderán desgravar na declaración da renda as facturas da volta ao cole de setembro, ata 105 euros por fillo en material escolar.

Tamén salienta a intención da Xunta de substituír máis de 5.000 funcionarios que se van xubilar. Segundo indicou, "renovaremos todos os postos que sexan necesarios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade