Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lecornu supera dúas mocións de censura e Francia xa ten orzamentos

Lecornu supera dúas mocións de censura e Francia xa ten orzamentos

O primeiro ministro superou dúas mocións de censura presentadas polos grupos de esquerda, sen os socialistas, e pola extrema dereita de Marine Le Pen

Sebastien Lecornu, durante a súa intervención (REUTERS/Benoit Tessier) Sebastien Lecornu, durante a súa intervención (REUTERS/Benoit Tessier)
G24.gal 02/02/2026 19:56

Francia ten desde este luns presupostos para 2026 cos que encarar a recta final do segundo e último mandato presidencial de Emmanuel Macron, tras superar o Goberno do primeiro ministro, Sébastien Lecornu, dúas mocións de censura presentadas polos grupos de esquerda, sen os socialistas, e pola extrema dereita de Marine Le Pen.

Unha tras outra, como se esperaba, as dúas mocións de censura ao Goberno por aprobar o proxecto de lei de orzamentos de 2026 sen voto parlamentario foron rexeitadas pola Asemblea Nacional.

A moción defendida polos grupos da Francia Insumisa, Os Verdes e GDR (Comunistas e de Ultramar) obtivo 260 votos, sen alcanzar os 289 necesarios para tombar ao Goberno, mentres que a auspiciada pola ultradereitista Agrupación Nacional e os seus socios só logrou 130 apoios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade