Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galaxia presenta 'O lanzador de coitelos', a obra gañadora do Premio de Novela do 75 aniversario

Galaxia presenta 'O lanzador de coitelos', a obra gañadora do Premio de Novela do 75 aniversario

É un thriller do escritor e dramaturgo Fernando Castro Paredes 

A historia reflexiona sobre a memoria, a identidade e o control social nunha sociedade opresiva 

G24.gal 17/07/2025 14:47 Última actualización 17/07/2025 16:56

Os que desfruten coa lectura neste tempo de vacacións xa teñen dispoñible a obra galardoada co último Premio Galaxia.

Coincidindo cos seus 75 anos, a editorial presenta O lanzador de coitelos, obra de Fernando Castro Paredes.

A historia, enmarcada no xénero thriller, reflexiona sobre a memoria, a identidade e o control social.

No momento no que se deu a coñecer a resolución desta edición do premio, o xurado destacou a súa «elevadísima calidade literaria» e a capacidade de «atrapar o lector nunha atmosfera desacougante».

Salientou ademais que está estruturada como «un xogo metaliterario e de máscaras, no que se reivindica tamén a relación entre a arte e o fracaso».

Portada da nova publicación da Editorial Galaxia Portada da nova publicación da Editorial Galaxia
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade