Sen alternativas para ir a Madrid: a alta demanda dispara os prezos nos coches de alugueiro, os compartidos e por avión
Sen alternativas para ir a Madrid: a alta demanda dispara os prezos nos coches de alugueiro, os compartidos e por avión
Desesperación entre os pasaxeiros atrapados na estación de Renfe e sen opcións de viaxe en ningún medio de transporte
"Queriamos volver á casa, a Madrid".
"Hai xente agardando dende o 13, en principio van primeiro, así que hai un tapón enorme, non son quen de dar información en voz alta, polo que a xente non sabe o que pasa e estase poñendo nerviosa".
"Tratáronnos ben, ehh, mantiñas, magdalenas, ben, ben", contaban hoxe na estación de Renfe.
Centros de persoas pasaron a noite na estación agardando unha opción de viaxe, pero só uns poucos foron os afortunados de conseguir praza nun dos 8 autobuses que hoxe saen de Santiago cara a Madrid.
"De última opción mirei o bus e atopamos dous asentos, de feito".
"Vimos este bus de milagre e dixemos pois imos para a casa de volta deste xeito", apuntaban uns viaxeiros que atoparon billete de bus.
Ata o martes xa non queda ningunha praza libre.
"Ata o martes, todo completo, é imposible viaxar con nós. Creo que coa empresa Monbus se pode ir dende Vigo, Vigo-Madrid, é a única alternativa ou se non ir a Xixón, Ponferrada... Xixón non hai problema de momento pero o problema é ir a Xixón, todo completo", explica Adrián Camba, oficinista de Alsa.
As opcións de poder viaxar redúcense cada minuto que pasa
"É unha illa, ou sexa, non hai nin coches de alugueiro, furgonetas, autobuses, trens por suposto que non, non queda nada".
"Imos tentar chegar a Pontevedra ou Vigo a ver si dende aí podemos baixar a Madrid".
"Miramos de todo Blablacar, avión ou sexa de todo pero claro imposible".
"Hai lista de espera para alugar un coche", lamentaban os pasaxeiros
Nós atopamos un por 1.500 euros cando o normal serían arredor de 120. A demanda disparou os prezos.
"Atopamos ata por 300 euros Blablacar para poder ir a Madrid e xa non hai".
"Onte ofrecían taxis a 800 euros".
"O avión 700 euros vimos todas as rutas posibles ata para ir por Portugal e todo carísimo", contan outros.
Todos piden a gritos que se reforcen os buses, pero ...
"Con nós non porque non temos nin autobuses nin condutores. Puxemos dous autobuses máis para o sábado ás dez e media e pouco máis, estamos facendo o que podemos", explica o empregado dunha empresa de autobuses que fai a liña Madrid.