Seleccionan dous proxectos galegos nun programa de investigación sanitaria en 18 hospitais españois
As investigacións desenvolveranse nas áreas dos transplantes, enfermidades raras infantís, as lesións graves traumatolóxicas, o cancro e a saúde mental infanto-xuvenil

A Fundación Mutua Madrileña entregou as súas Axudas á Investigación en Saúde, dotadas de 2,3 millóns de euros, que servirán para poñer en marcha 23 novos estudos clínicos que levarán a cabo en hospitais de toda España. As investigacións desenvolveranse nas áreas dos transplantes, enfermidades raras infantís, as lesións graves traumatolóxicas, o cancro e a saúde mental infanto-xuvenil.
Nesta edición, a fundación apoiará o traballo de equipos de investigación de 18 hospitais de 8 comunidades autónomas diferentes. Dous deles vanse desenvolver en Galicia da man de Saida Ortolano, do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e o Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e Ana Belén Fernández Cortiñas, de Hospitais Cosaga Recoletas de Ourense.