Cargando resultados...
Baño de masas da selección de baloncesto logo de gañar o Europeo
Máis de 13.000 persoas achegáronse ao Wizink Center para celebrar un título co que ninguén contaba
G24.gal
19/09/2022 21:10
A selección española de baloncesto celebrou en grande en Madrid no Wizink Center o seu cuarto Campionato de Europa.
Foi un baño de masas para todo o equipo español. Un por un todos os protagonistas da fazaña foron saíndo ó escenario aclamados por un público eufórico. O último en aparecer foi o capitán. Rudy Fernández entrou no escenario, coa copa nas súas mans, para ofrecerlla a toda a afección. Máis de 13.000 persoas que berraron e cantaron cos heroes da selección de baloncesto.