Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguridade e hixiene extrema nos cruceiros

Seguridade e hixiene extrema nos cruceiros

As axencias de viaxes destacan as medidas e protocolos de limpeza nos grandes barcos

A maioría levan equipos médicos a bordo para trataren calquera incidencia

G24.gal 11/05/2026 14:26

Dende a covid, extremáronse as medidas de hixiene, tamén nos cruceiros, onde poden chegar a convivir milleiros de persoas.

Abilio Álvarez, xerente de Vibes Tour, explica que inciden moito na seguridade alimentaria: "Todo o persoal que traballa nas cociñas ten medidas de protección: máscaras, gorros, traxes especiais... procuran evitar calquera tipo de intoxicación a bordo. Hai unha limpeza extrema".

Os propios pasaxeiros notan a limpeza durante as viaxes dos grandes barcos. Con todo, os transtlánticos están preparados para atender problemas de saúde, especialmente os de gran tamaño, que poden albergar máis de 4.000 turistas.

"Hai uns protocolos importantes para que calquera problema vírico se solucione. Todos os cruceiros teñen un equipo médico importante a bordo e na maioría dos casos contan cun quirófano", relata Abilio Álvarez. 

As incidencias dos últimos días non están a afectar ás reservas polo momento. Cada día navegan polo mundo máis de 300 transatlánticos, con preto de 600.000 persoas a bordo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade