Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asociación Jucil denuncia falta de medios: "Aínda temos gardas civís sen chalecos"

A asociación Jucil denuncia falta de medios: "Aínda temos gardas civís sen chalecos"

A Asociación Profesional da Garda Civil sinala os problemas na loita contra o "narco" no Estreito

O PP crítica a ausencia de ministros e do presidente do Goberno no funeral dos dous axentes mortos en Huelva 

Jucil demanda máis medios para os axentes que loitan contra o narcotráfico no Estreito
G24.gal 11/05/2026 14:28

Huelva despedía nas últimas horas os dous gardas civís que morreron mentres perseguían unha narcolancha. A causa, a colisión das dúas embarcacións do Servizo Marítimo. Pero o caso está lonxe de pecharse. A investigación trata de determinar agora que pasou. Para aclaralo será fundamental o testemuño dos axentes superviventes.

Os dous gardas civís feridos no accidente das patrulleiras este venres continúan ingresados. Un está na UCI e o outro foi intervido dunha operación de fémur da que se recupera satisfactoriamente.  

Pero o suceso está rodeado dunha dobre polémica. Por un lado, as denuncias reiteradas da Asociación Profesional da Garda Civil, que insiste na falta de medios para loitar contra a violencia do narcotráfico. 

Do outro lado, a tirapuxa político pola ausencia de ministros no funeral. Sumar non ve motivo de crítica. O PP reclama un plan de acción urxente no Estreito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade