Cargando resultados...
Detidas cinco persoas nunha vivenda en Carballo nun operativo da Garda Civil
O dispositivo concluíu cun balance final de cinco persoas detidas, sen especificarse o motivo da detención polo momento
Imaxes cedidas pola Garda Civil
G24.gal
10/05/2026 11:17
Un operativo da Garda Civil en Carballo o pasado 2 de maio, terminou coa detención de cinco persoas, segundo informaron fontes oficiais.
A intervención sucedeu na rúa Mahón mediante a entrada e rexistro nunha vivenda. Efectivos da Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) levaron a cabo o asalto táctico para asegurar o inmoble de forma rápida.
Asemade, os especialistas da Policía Xudicial procederon á inspección "minuciosa" do lugar para solicitar probas e evidencias delituosas.
O dispositivo concluíu cun balance final de cinco persoas detidas, sen especificarse o motivo da detención.