Preocupación en Ames pola falta de elementos de seguridade nunha ponte sobre a vía do tren
Hai tres anos que roubaron o valado metálico e o amarre provisional non lles ofrece garantías aos veciños
A ponte sobre a vía do tren que comunica as aldeas de Raíces e Tarrío en Ames é o motivo de preocupación dos veciños da zona. É lugar de paso habitual de xente que sae camiñar.
Pero non todos repararon na ausencia de elementos de protección fundamentais, como o valado metálico. Foi Carlos, que ten unha casa pola zona, o que deu a voz de alarma hai xa tres anos, cando se supón que roubaron as reixas metálicas.
Carlos deu aviso, pero tres anos despois a ponte segue sen proteccións e as reixas que quedan en pé non ofrecen moita seguridade porque uns operarios as amarraron con arames.
Tamén lles preocupa algunha das árbores que ameaza con caer enriba da catenaria.