Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tractoristas abren un carril da A-52 tras chegar a un acordo coa Garda Civil

Os tractoristas abren un carril da A-52 tras chegar a un acordo coa Garda Civil

Agricultores e gandeiros ourensáns manteñen cortado o vial en sentido Ourense á altura de Trasmiras

Consideran ruinoso o convenio que vai asinar a Unión Europea co Mercosur o vindeiro 17 de xaneiro

directo Os tractores despexan un dos carrís da A-52
G24.gal 11/01/2026 13:33 Última actualización 11/01/2026 20:42

Segunda noite á intemperie no "asentamento" montado pola Asociación do Sector Primeiro de Galicia tras cortar a A-52 este sábado en Abavides, no concello de Trasmiras.

Na tarde do domingo acordaron coa Garda Civil abrir o carril que vai a Madrid para deixar pasar os coches en ambos os dous sentidos. Porén, o outro vial vai permanecer pechado ata o luns ao mediodía. 

O colectivo formado por gandeiros e agricultores ourensáns quere que se atendan as súas reivindicacións e por iso continúan cos seus tractores no quilómetro 188 da autovía.

O vindeiro sábado 17 de xaneiro está prevista en Asunción (Paraguai) a sinatura do acordo da Unión Europea co Mercosur que consideran ruinoso.

"Van permitir meter dos países latinos todo tipo de produtos sen ningún tipo de medidas sanitarias que aquí nos esixen e alá non", explica Juan Manuel Lage, gandeiro e carniceiro.

Denuncian que a entrada de produtos de terceiros países, a prezos máis baixos e sen as mesmas esixencias sanitarias, fai imposible competir ás explotacións galegas.

"Eses prezos van estar máis baratos, pero non nos van solucionar nada porque vai ser momentaneamente para introducir o produto. Chegará a estar ao mesmo prezo que o noso produto e con peor calidade", lamenta Lage.

A semana bota a andar con novas protestas este luns ao mediodía. Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema mobilízanse en Lugo e o Sindicato Labrego Galego convoca unha concentración na Coruña.

Familias enteiras uníronse ás reivindicacións do campo na A-52 Familias enteiras uníronse ás reivindicacións do campo na A-52
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade