Cargando resultados...
Continúan as protestas de gandeiros e agricultores en varios puntos de España
As tractoradas provocaron cortes de estradas en varios puntos de Cataluña e Cantabria
Tamén quedou bloqueado o porto de Tarragona e o paso fronteirizo con Francia no Coll d’Ares
G24.gal
10/01/2026 21:10
Última actualización 10/01/2026 21:33
Seguen as mobilizacións noutras partes de España contra o acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur.
Gandeiros e agricultores continuaron este sábado con tractoradas, cortes de estradas en varios puntos de Cataluña, entre elas o paso fronteirizo con Francia no Coll d’Ares, e o bloqueo do porto de Tarragona.
En Cantabria, os gandeiros que pasaron a noite cos seus tractores en Santander fronte a Delegación do Goberno regresaron ás súas explotacións atravesando novamente o centro da cidade.