Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan o tráfico na calzada esquerda da VG-20, sentido Vigo, por obras no viaduto de Porto

Cortan o tráfico na calzada esquerda da VG-20, sentido Vigo, por obras no viaduto de Porto

 

 

O contrato para rehabilitar e mellorar o viaduto foi adxudicado por máis de 5.450.000 euros

As afectacións ao tráfico manteranse previsiblemente ata finais de 2026

G24.gal 11/01/2026 18:27

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible anunciou que a partir das 08.00 horas deste luns  producirase o corte total da calzada esquerda da autovía VG-20, sentido Vigo, polas obras no viaduto de Porto.

Tal e como trasladou o Goberno de España nunha nota de prensa, este corte realizarase para permitir a liberación do taboleiro que se prevé reparar durante a primeira fase das obras e garantir a seguridade de traballadores e usuarios.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante a afectación, realizarase o desvío do tráfico da calzada esquerda (sentido Vigo), entre os quilómetros 9,60 e 10,1 da autovía, cara á calzada dereita (sentido Portugal).

O viaduto de Porto, situado na autovía VG-20, ten unha lonxitude duns 347 metros e unha altura máxima de pilas de 18 metros.

Estas afectacións ao tráfico manteranse previsiblemente ata finais de 2026.

Nas obras investironse 5.475.143,05 euros para reforzar a estrutura e substituír os peitorís do viaduto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade