Polo menos douscentos mortos e máis de dez mil detidos en Irán
O presidente norteamericano amenaza con atacar Irán se seguen reprimindo
A situación en Irán empeora, alomenos segundo as organizacións non gubernamentais que estudan o país, e que falán dun mínimo de case douscentos mortos desde que o 28 de decembro comezaron as protestas en Teherán, inicialmente por motivos económicos pero que pronto derivaron en manifestacións contra o réxime dos aiatolás. Outras organizacións falan xa de máis de cincocentos mortos.
Irán segue sen internet nin telefonía internacional
O goberno de Irán, que mantén pechado internet e apagada a telefonía internacional, di que os manifestantes, aos que denomina terroristas pagados, mataron oito policías e prendéronlle lume a varios dificios.
Tamén varian as cifras de detidos nas protestas segundo quen as dea, máis de douscentos segundo o réxime e arredor de dez mil segundo as organizacións opositoras.
O goberno de Irán di que se recibe agresións exteriores pode atacar Israel ou as bases norteamericanas
Desde os Estados Unidos, o presidente Donald Trump, a través das súas redes sociais e dos seus colaboradores directos, asegura que se os aiatolás seguen matando xente eles estudan accións militares contra Irán que poderían incluir bombardeos sobre Teherán, similares aos realizados en xuño do ano pasado.
A resposta do goberno e dos militares de Irán non é menos contundente, afirmando que están preparados para pasar á ofensiva. O presidente do parlamento iraniano afirmou que calquera ataque estadounidense convertería en obxectivos lexítimos a Israel e ás bases norteamericanas na zona.