Aparece outro círculo ovalado pintado nunha igrexa do Morrazo
A elipse debuxada no adro de Darbo en Cangas xa foi borrada
Segundo ataque ao patrimonio eclesiástico do Morrazo nunha semana. Outro círculo elíptico aparece ás portas da igrexa canguesa de Darbo. Os equipos de limpeza axilizaron a súa eliminación. Mentres, todos se preguntan quen e por que fai estas pintadas.
Segundo as estimacións veciñais a elipse debuxouse a primeiras horas da tarde deste martes. O párroco restoulle importancia á pintada. Mentres que a poboación expresou a súa rabia por este atentado ao patrimonio
As denuncias van lentas e polo de agora a incógnita continúa. Garda Civil e policías locais das dúas localidades afectadas contando Moaña tampouco informaron de que substancias e que materiais se empregaron no atentado. Máis difícil será saber que finalidade teñen, se é esotérica ou vandálica.