Publicador de contidos

Publicador de contidos

Queiman un colector de lixo en Vilagarcía de Arousa

Queiman un colector de lixo en Vilagarcía de Arousa

Dous veciños conseguiron mover o colector antes de que o consumisen as lapas e se propagase aos elementos lindeiros

G24.gal 15/10/2025 13:15

O incendio dun colector de residuos sorprendeu onte pola tarde no barrio do Piñeiriño, en Vilagarcía de Arousa. Os veciños da rúa Camilo Xosé Cela levaron un bo susto. Os restos aínda eran visibles a uns metros de onde comezaron as lapas. As chamas acadaron rapidamente unha altura considerable, pero grazas á intervención dos veciños non houbo que lamentar máis danos que o propio colector. Dúas persoas conseguiron movelo antes de que o lume devorara o depósito do cartón e puidera afectar os vehículos estacionados ao seu carón. 

As lapas foron definitivamente extinguidas polos Bombeiros de Vilagarcía, que acudiron á zona alertados do sucedido polos veciños. Ao lugar desprazáronse tamén membros de Protección Civil e da Policía Local que investiga as causas do incendio que presuntamente, e segundo algunhas testemuñas, foi causado de xeito intencionado por un grupo de mozos moi novos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade