Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segunda sabotaxe nunha plantación de albariño en Cambados

Segunda sabotaxe nunha plantación de albariño en Cambados

Estragan plantas e postes de formigón nun terreo acondicionado para viñedo na parroquia de Castrelo

Imaxe deste xoves da plantación obxecto do ataque, situada onda a desembocadura do Umia nas Quintáns, Cambados.
G24.gal 22/05/2025 13:40

Un viñedo que están a poñer en marcha no Salnés foi obxecto de sabotaxe por segunda vez nun ano.

Trátase dunha plantación incipiente situada na parroquia cambadesa de Castrelo.

Entre o sábado e domingo alguén rompeu unha ducia de postes. Ademais quedaron arrincadas e tiradas polo terreo unhas vinte plantas de albariño.

Isto sucedeu uns días despois de que retomaran os traballos para instalar os tubos e arames que conforman a estrutura de plantación.

A mesma foi obxecto dun boicot similar coa destrución de máis de vinte postes de formigón, meses atrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade