Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabotaxe nas fechaduras das tendas da cadea MVA en Cuntis, A Estrada e Vilagarcía

Sabotaxe nas fechaduras das tendas da cadea MVA en Cuntis, A Estrada e Vilagarcía

Introducíronlle un pegamento nos pechos de reixas e portas que lles impediu abrir durante a mañá do martes

Imaxe deste mércores da tenda Mi Vestidor Azul de Cuntis, unha das tres afectadas por un boicot que as propietarias non atinan a comprender
G24.gal 21/05/2025 14:08

As propietarias da firma de tendas de roupa MVA con sede en Cuntis encontráronse este martes cun encadeado de atrancos para empezar a súa actividade ás dez da mañá en tres tendas.

Lydia Fontenla, directora executiva de Mi Vestidor Azul, explica que "cando chegou a primeira empregada para abrir a tenda de Vilagarcía, non podía abrir. Cinco ou dez minutos máis tarde tratan de abrir a da Estrada e ocorre o mesmo. Chamamos á de Cuntis, e tamén está a pasar o mesmo".

Só se librou a tenda máis distante do grupo, a de Sigüeiro. As outras tres tiveron unha mañá con clientela e empregadas ás portas sen poder entrar ata pasado o mediodía. Descoñecen os motivos do que ten trazas de ser un boicot.

"Non temos ningún indicio", di Fontenla, e engade que "é un ataque un pouco estraño" e que nos dez anos que levan traballando nunca lles pasou nasa similar. "De feito non temos nin malos comentarios nas redes sociais, nas que nós traballamos moito, nin temos mala relación con empregados nin ninguén", engade.

Á perda de vendas non lle puxeron cifras, pero si ás reparacións dos estragos nas fechaduras:  "Calculamos entre 3.000 e 4.000 euros", di a directiva de MVA.

Ao espazo en que xestionan os pedidos por Internet, tamén coa pechadura inutilizada, non puideron acceder ata a tarde. "Pois todo atrasado ata hoxe que estamos aí, un pouco a full", conclúe Lydia Fontenla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar