Publicador de contidos

Publicador de contidos

Primeira noite de controis en Baraxas para evitar a entrada de persoas sen fogar

Primeira noite de controis en Baraxas para evitar a entrada de persoas sen fogar

Non houbo incidentes, pero tampouco evitaron que ducias de persoas durmiran igualmente no aeroporto 

G24.gal 22/05/2025 12:45

Os controis comezan ás nove da noite, ata as cinco da mañá. Nese horario queda unha porta aberta por terminal e só poden pasar os pasaxeiros con documentos para voar, os seus acompañantes e os traballadores do aeroporto.

Non houbo incidentes nin aglomeracións.  A maioría dos pasaxeiros estaban informados de que esta noite comezaban os controis. E tamén o sabían os centos de persoas que van alí a durmir. Moitos entraron antes das nove para conseguir acceder sen complicacións. E ante os medios de comunicación reiteraban o evidente, que non é capricho, que están aí por supervivencia.  E niso coincidían moitos pasaxeiros, en que non se pode expulsar a xente do aeroporto sen buscarlles outra opción.

Nas próximas horas reúnense o presidente de Aena e o alcalde de Madrid para buscar alternativas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade