Publicador de contidos

Publicador de contidos

Segunda dupla escala de cruceiros na cidade da Coruña no que vai de mes

Segunda dupla escala de cruceiros na cidade da Coruña no que vai de mes

Este mes de setembro haberá seis duplas escalas máis

G24.gal 10/09/2024 21:45 Última actualización 10/09/2024 22:27

Cada vez que un trasatlántico atraca no porto da Coruña esperta a curiosidade de quen se achega pola zona portuaria. 

O Resilient Lady visitou de novo A Coruña logo de facelo por primeira vez en agosto. Un buque só para adultos con 20 restaurantes a bordo, pista para correr e ata ring de boxeo. Coincidiu no porto en dupla escala con outro buque de luxo de menor tamaño. En total, máis de 3.200 cruceiristas. 

Este mes de setembro haberá seis duplas escalas máis. A previsión é pechar o ano con máis de 150 escalas e 350.000 pasaxeiros. Estímase que o tráfico de cruceiros ten un retorno económico para a cidade duns 30 millóns de euros anuais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade